mércores 14/04/21

Naturgy quer centralizar en Madrid a xestión das liñas eléctricas da Galiza

Teima en pechar o COR (Centro de operación de rede) da Coruña e que o seu persoal, se quere manter o traballo, teña que trasladarse á capital do Estado.
Sede de Naturgy (Naturgy)
Sede central de Naturgy (Naturgy)

Naturgy opta por dar unha volta de porca máis e racha negociacións en torno á deslocalización do seu centro que vela polo suministro na Galiza e que teima en trasladar a Madrid.

Unha decisión que ten consecuencias, en primeiro lugar, para a súa trintrena de operarios, que se queren manter o traballo deberán marchar a Madrid, segundo a oferta de eléctrica.

Unión Fenosa Distribución ( UFD), pertencente ao grupo  Naturgy, trasladará a partir de setembro a Madrid o Centro de operación de rede (COR) da Galiza. A compañía centralizará desde a capital do Estado español a xestión das liñas eléctricas da Galiza e parte de León. Desde o  COR coordínase, por exemplo, a resposta perante os apagóns.

Os traballadores e traballadoras mobilizáronse nestas semanas en varias ocasións contra dunha decisión empresarial que só lles deixa como saída desprazarse a centos de quilómetros ou ir ao desemprego, pero que, ademais, denuncian os sindicatos, "pon en risco a seguridade e a garantía do subministro, tendo en conta a posición prioritaria desta compañía no mercado eléctrico galego, tanto na produción como no que atinxe á distribución".

Beneficios

"Naturgy leva décadas obtendo millonarios beneficios na Galiza a conta de explotar os nosos recursos naturais  e sen asumir ningún tipo de responsabilidade social ou ambiental por esta actividade", denuncian desde o sindicato CIG.

Desde CCOO, pola súa parte, instaron a Xunta da Galiza a "intervir" para evitar a decisión de Naturgy de levar o COR a Madrid.

comentarios