Na Galiza xa só o 6% dos contratos laborais son indefinidos

Sindicatos e movementos sociais alertan do aumento preocupante da eventualidade e precariedade no mercado laboral. Dos 84.295 contratos asinados en xullo, un total de 79.492 (o 94,3% ) foron de carácter eventual

Desemprego
photo_camera Foto: M. Abelleira

É un dos cabalos de batalla non só das organizacións sindicais e diversos movementos sociais, senón mesmo de organismos internacionais: a eventualidade, e a precariedade, laboral, con efectos claros en eidos que van desde o social até o da mesma seguridade laboral.

En xuño foron subscritos 84.925 contratos laborais no noso país, e deles só 4.803 tiveron carácter indefinido (un 5,7%), fronte aos 79.492 contratos temporais. Unha diferenza abismal e que se foi incrementando nos últimos anos, espoleada pola crise.

A fenda

Aliás, esta fenda semella ter o seu acubillo perfecto nun país onde a 31 de xullo había 261-102 persoas rexistradas nas oficinas de procura de emprego. Ademais, segundo o último dato publicado, un total de 121.405 persoas non cobran ningún tipo de prestación.

E, a maiores, este aumento vertixionoso da precariedade e eventualidade danse no tempo en que as rendas empresariais supoñen xa máis do 47% do PIB galego,mentres que a remuneración total de asalariad@s caeu o 45,7%. Unha fenda que vai en aumento. Aliás, este maior beneficio empresarial non redunda en investimento nas propias empresas, que se reduciu un 4%

Comentarios