Nace a primeira escola de programación en Galiza

ordenador

A cidade da Coruña acollerá de xaneiro a abril do ano próximo a primeira promoción de estudos de programación do país. Hack a Bos é unha escola tecnolóxica que xorde para rematar cas carencias de profesionais que atopan as empresas do sector. Un 60% das compañías afirman ter dificultades para contratar persoal cun perfil dixital especializado, sinalan desde os promotores da iniciativa. Na actualidade en Galiza precísanse máis de 1000 empregos deste tipo, engaden.

Tratarase dunha formación intensiva con dúas modalidades: A tempo completo 10 semanas ou a tempo parcial 16. O profesorado vén de diferentes firmas como Amazon ou Imatia, así como formadores que traballan con Inditex. Este primeiro curso ofértanse 20 prazas. Non é necesaria unha formación previa.

Entre os contidos a ensinar están o deseño front-end, arquitectura back-end e desenvolvemento de aplicacións móbiles. A inscrición está aberta a toda persoa interesada dende a propia páxina web.

Comentarios