Constitúese a primeira asociación de 'resineiros': “Nos piñeirais galegos hai un potencial sen explotar”

Arega, Asociación de Resineir@s Galeg@s, xorde a raíz dunha primeira experiencia nos montes comunais de San Ndrés e Bemil, en Caldas de Reis. Inciden nas potencialidades deste sector pola gran dermanda do produto.

resineiros piñeiros rural CRTVG
photo_camera Resineiros en Caldas de Reis. Imaxe: CTRVG

O pasado 13 de febreiro constituiuse formalmente a Asociación de Resineir@s Galeg@s (AREGA), a primeira deste tipo que xorde na Galiza. Segundo eles propios informan nun comunicado, nacen a partir dunha primeira experiencia no montes comunais de San Andrés e Bemil, en Caldas de Reis. “Decidimos xuntarnos, xente de diferentes ámbitos para formar esta asociación, con moito camiño que percorrer”. 

A resina é un produto cunha demanda moi alta, e as resinas ibéricas “as máis solicitadas a nivel mundial”

Explican que o aproveitamento resineiro ten máis dun século de historia no Estado Español, e que “atopa nos piñeirais galegos un gran potencial aínda sen explotar”. Pode ser, aponta, un factor que axude a garantir o traballo digno no rural, pois este vai da man no compromiso da resinación e “a protección e coidado dos nosos montes, a prevención dos lumes e a loita contra o abandono forestal”. Na extracción de resina tamén se atopa, sinala Arega, “a posibilidade de que nos nosos piñeirais non só sexa aproveitada a madeira. A resinación, polo tanto sería un valor engadido ao aproveitamento madeireiro en cada un dos nosos piñeiros”. 

“Cunha media de 5.000 piñeiros, unha persoa podería desenvolver o traballo da resinación cun salario digno”. Arega indica que a resina é un produto cunha demanda moi superior a oferta; sendo as resinas ibéricas as máis solicitadas a nivel mundial. É unha materia prima con múltiples usos e que “é empregada en diferentes industrias e transformada nun grande número de produtos de uso diario como poden ser a aguarrás, o verniz, pinturas ou gomas de mascar”.

Resultados

Dúas comunidades de montes de Caldas de Reis comezaron en 2015 a extraer a resina dos seus piñeiros. A campaña da resina comeza en marzo e remataá altura de novembro, en que os resineiros lfan unha última ferida superficial aos piñeiros. Chámase a pica en branco, porque desta volta xa non van botar pasta para estimular a saída de resina. Nesta primeira resinación, os piñeiros produciron unha media de 3 quilos de resina. 

Comentarios