As multinacionais españolas tributan en sociedades só 12% dos seus beneficios

Facenda analiza as contas de 134 grandes grupos a nivel mundial.

Bolsa de Madrid

As multinacionais españolas pagan en imposto de sociedades 12,6% dos seus beneficios. Tributaron a nivel mundial por este imposto 11.594 millóns de euros mentres o seu beneficio neto – unha vez descontadas as perdas- superou os 91.000 millóns de euros.

Son resultados da análise do Ministerio de Facenda cos dados achegados por 134 multinacionais en 2016, multinacionais que teñan unha facturación anual superior aos 750 millóns de euros. O tipo xeral de sociedades no Estado español está en 25%, que se eleva a 30% para banca e empresas de hidrocarburos.

Tan só 43 multinacionais acaparan case a metade do beneficio dos 134 grupos analizados. Porén, só pagan 1 de cada 10 euros da tributación total deses grupos. En resumo: esas 43 multinacionais declaran que gañaron 45.000 millóns de euros e por sociedades pagaron menos de 1.200 millóns.

Desde 2016, os grandes grupos teñen a obriga de cubrir o modelo 231 de declaración informativa país por país (Country by Country Report,), establecida pola OCDE.

Comentarios