Multa a Iberdrola por alterar os prezos da enerxía en beneficio propio

Segundo Competencia a empresa cometeu unha "infracción moi grave" pola "manipulación fraudulenta" da produción no Sil para incrementar os seus beneficios. 

Feijóo e o presidente de Iberdrola_Xunta
photo_camera [Imaxe Xunta]

"A conduta de Iberdrola provocou un incremento do prezo de mercado diario estimado nuns 7 euros por megavatios", dinala a resolución da CNMC contra a empresa enerxética após destapar que durante 2013 estivo a manipular de maneira "fraudulenta" a produción das súas centrais no Sil para provocar alteracións nos prezos que aumentasen os seus beneficios. 

De acordo co órgao o beneficio obtido irregularmente por Iberdrola ascendería a 21,5 millóns de euros e o impacto en 105 millóns. Así as cousas, a sanción imposta fica en 25 millóns de euros. 

A maneira na que actuou baseouse na redución da súa produción, nomeadamenta a partir do 6 de decembro de 2013 o que provocou un notábel incremento do prezo da enerxía nun mercado que, per se, era caro. 

Este 'modus operandi' tamén o reproduciu nas centrais do Douro e o Texo, para alén do Sil. 

Comentarios