Multa de 3,4 millóns de euros a estibadoras e sindicatos do Porto de Vigo

A Comisión nacional dos mercados e a competencia (CNMV) di que firmas e centrais da estiba “vulneraron a libre competencia” na estiba e desestiba de mercancías. O expediente ten a súa orixe nunha denuncia da Autoridade Portuaria olívica.

A CNMV –Comisión nacional dos mercados e a competencia- vén de imponer a 5 empresas de estiba e a 5 sindicatos do sector no Porto de Vigo multas que suman un importe de 3,4 millóns de euros. Unha sanción que fixa por considerar que obstaculizaron a libre competencia nos traballos de estiba e desestiba de mercancías nesa autoridade portuaria. O expediente, de feito, ten a súa orixe nunha denuncia realizada pola Autoridade Portuaria.

Segundo a CNMV, empresas e sindicatos chegaran a un acordo para impedir a carga e descarga a quen non fose estibador, o que vai contra a actual lexislación. As sancións son para Bergé (1,48 millóns de euros), Terminales Marítimas de Vigo ( 700.000 euros), Pérez Torres Marítima (490.000 euros), Líneas Marítimas Españolas (199.276 euros) e Estibadora Gallega (42.412 euros).

Pola parte do traballo, as sancións son de 170.000 euros para UGT e outro tanto para CC.OO; a CIG con 70.000 euros, CGT con 20.000 euros e a Coordinadora, con 1.000 euros máis.

Comentarios