As mulleres, as que peores prestacións por desemprego cobran

A precariedade laboral e salarial atinxen máis ás mulleres e supón o cobro de prestacións sociais máis baixas que os homes

 

As estatísticas son claras e apuntan a que a fenda entre mulleres e homes no traballo se agrava. Ás diferenzas salariais e a temporalidade laboral --que segue a ser maior no caso delas-- súmaselle o pagamento de prestacións máis baixas para as mulleres en todas as faixas de idade. Dos 30,2 euros diarios que percibe de media un home desempregado as mulleres só cobran 25,7 euros. 

O resultado devén dun salario máis baixo e de contratos con condicións cada vez máis precarias. Por faixas de idade, a fenda mantense sendo máis aguda a partir dos 55 anos de idade onde elas cobran até 7 euros menos que eles. 

Actualmente no Estado español 1.289.200 persoas perciben algún tipo de prestación por desemprego, de entre elas 547.100.

Comentarios