Movistar, Orange e Vodafone volven incrementar as tarifas unilateralmente

As tres grandes compañías de telefonía móvil volven facer a xogada que xa realizaran hai uns anos. Movistar, Orange e Vodafone anunciaron un aumento dalgunhas tarifas en troco de melloras nos servizos – aumento de dados dispoñíbeis ou acceso a aplicación de redes sociais-. Melloras que as persoas usuarias non solicitaron.

Teléfono móbil comunicación

Ante estas subas, as compañías dan a posibilidade de rescindir o contrato. OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) considera "abusivo" o incremento dos prezos.

OCU lembra ás persoas usuarias que cando as compañías mudan as tarifas contratadas o compromiso de permanencia fica anulado

Movistar foi a primeira en dar o paso, cun aumento de 5 euros nos seus pacotes Fusión e outros servizos, como tarifas móbeis, SMS ou establecemento de chamadas. A seguir, Orange anunciou que subía 5 euros as tarifas Love.  Agora, Vodafone vén de anunciar que a partir de 1 de abril incrementa entre 1 e 2 euros as súas tarifas móbeis e entre 4 e 5 os paquetes (fixo, móvil, dados, internet).  Até o de agora, só MásMóvil (Yoigo e pepephone) fica á marxe destas subas.

OCU ten claro que esta estratexia de suba de taifas e prezos é “abusiva” e prexudica as persoas usuarias. Lembra a estas que cando as compañías cambian as condicións das tarifas que contrataron o compromiso de permanencia fica anulado e poden marchar desa operadora sen penalización algunha.


 

Comentarios