Morre un traballador na central térmica de Gas Natural Fenosa, en Arteixo

Nun segundo accidente laboral un obreiro de Navantia Ferrol precipitouse ao baleiro desde unha altura duns sete metros namentres traballaba nun buque


Dous accidentes laborais rexistráronse nas últimas horas na Coruña e Ferrolterra. Na central térmica que Gas Natural Fenosa ten en Sabón (Arteixo), G.R.L., un obreiro de 30 anos, morreu após precipitarse desde unha altura duns cinco metros, segundo os datos que achegan fontes de Protección civil. O operario traballaba para unha empresa auxiliar na central térmica e atopábase realizando unhas tarefas de desmontaxe.

En Navantia Ferrol, un obreiro do cadro de persoal principal da empresa sufriu o segundo accidente laboral desta quinta feira ao se precipitar desde unha altura de sete metros, desde un dos ascensores do megabuque para Australia que se constrúe neste estaleiro. Foi transladado nunha ambulancia medicalizada até o complexo hospitalario Arquitecto Marcide e, segundo sinalan desde o comité de empresa, ficou consciente malia a caída.

Comentarios