En foco

O moquete de Inditex en bolsa e a chuvia de centros comerciais

Bolsa de Madrid
photo_camera Bolsa de Madrid

1)  40% máis de superficie comercial en dous anos. Galiza ten perto dun millón de metros cadrados en superficies comerciais. En dous anos, para 2020, esa superficie aumentará en 40% segundo informou La voz de Galicia: 400.000 metros cadrados máis. Fondos e promotores impulsan cinco novos centros comerciais: 3 na provincia de Ourense e 2 en Pontevedra.

2)  Esta sexta feira as accións de Inditex caeron 7%% en Bolsa até 25 euros, o mínimo en tres anos. O motivo? Un informe de JP Morgan semella estar na orixe desta caída ao reducir o prezo obxectivo de 37 a 35,5 euros. O xigante téxtil presenta resultados o vindeiro 14 de marzo. O batacazo desta sexta feira custa a Amancio Ortega 3.600 millóns.

 3)  A pensión media en Galiza subiu en 2% en febreiro e continúa como a segunda máis baixa do Estado. Está en 788,5 euros, a 144 euros da media estatal, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. O número total de pensións na Galiza alcanzou as 760.523, 0,6% máis en relación co mesmo mes do ano anterior e representa 7,9% do total das do conxunto do Estado.

 4)  Abanca agarda superar os 75.000 millóns de euros en volume de negocio en 2020. A entidade agarda chegar a fin do trienio 2018-2020 cun rendemento de patrimonio tanxíbel  p´roximo a 10%, unha morosidade inferior a 3%, un capital 'CET1' (a medida central desde o punto de vista do regulador) superior a 13% y un volume de negocio por riba dos 75.000 millóns de euros.

5)  O Consello Galego de Relacións Laborais aproba as recomendacións para a negociación colectiva 2018. Entre outras, a maior axilidade na constitución das mesas de negociación dos convenios, o recurso ao AGA (Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflitos Colectivos de Traballo) para solucionar as controversias, a utilización —sempre que for necesario— do asesoramento técnico do CGRL, a ultraactividade dos convenios, entre outras.

Comentarios