Un modelo fiscal como o vasco?

O orzamento da Xunta aumentaría até os 10.000 millóns. 

miniatura

As balanzas fiscais que cada ano publica o Ministerio de Facenda agochan aspectos cruciais para variar o resultado final. Imputacións absurdas como a Seguridade Social e medias verdades como o cálculo por partes de determinados impostos como o IRPF e o IVE decantan o saldo a prol do Estado, aínda que a realidade é que Galiza recada 4.300 millóns máis que o orzamento da Xunta para 2015.

O que reparte leva sempre a mellor parte. Non hai outra forma máis precisa de definir as relacións económicas entre dous axentes que este ancestral dito popular. En esencia, e cos matices que achegan as diversas metodoloxías de cálculo modernas, este axioma prevalece na interacción entre o Estado central e as Comunidades Autónomas na hora clave: a da repartición dos cartos recadados pola vía impositiva.

Podes ler a reportaxe completa no número 209 do semanario en papel á venda xa na nosa loxa. 

Comentarios