Seguen as mobilizacións dos gandeiros, centradas desde esta sexta feira na distribución

Realizarán diferentes protestos para denunciar aquelas distribuidoras que se negan a chegar “a ningún tipo de acordo” sobre os prezos do leite. “O conflito non acabou”, lembran.

bloqueo Vegalsa
photo_camera Gandeiros bloquean Vegalsa. Imaxe: SLG

O fin do bloqueo á industria e centros de transformación non é o fin das mobilizacións. Dixérono os gandeiros e a propia Plataforma, mais lamentan que esa mensaxe ficase diluida e a imaxe que se transmitise por algúns medios, apontan, é que o conflito acabou. E non é así. Desde esta mesma sexta feria, sinala o SLG e a Plataforma, anuncian que se van centrar as protestas “naquelas distribuidoras que se negan a chegar a ningún tipo de acordo”, segundo confirmou Xosé R. Cendán en conversa con Sermos Galiza.

Desde o sector sinalan que distribudioras como Lidl ou Gadis, entre outras, nin sequera responderon aos emprazamentos para falar dos prezos do leite.

O sindicato lembra que “manter o bloqueo ás industrias é unha medida que implica un alto custo para a xente gandeira”. E que “diante da presión das multas e da chegada dun gran número de antidisturbios ás inmediacións das empresas, valorouse a imposibilidade de manter este mesmo formato de mobilización”.

Así que a Plataforma optou por “reconducir” as mobilizacións levantando o bloqueo sobre a totalidade das industrias “e focalizándoo nas empresas máis reticentes a asinar calquera tipo de acordo”.

Comentarios