Mobilizacións en 9 cidades galegas esta terza feira por unhas “pensións dignas”

Convocadas polo colectivo de xubilados e pensionistas da CIG 

pensions02

Esta terza feira, día 27, haberá concentracións en Vigo, Lugo, Compostela, A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía, A Estrada e Ourense en defensa do sistema público de pensións, en demanda de que se garanta o seu poder adquisitivo e para exixir que as mínimas sexan iguais ao Salario Mínimo Interprofesional.

Convocadas polo colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG , este denuncia que coas sucesivas reformas aprobadas tanto polo PSOE como polo PP, durante varios exercicios non se revisou o importe nominal das pensións, ou fíxose por baixo da inflación, até "que en 2013 o PP eliminou a lei que establecía o IPC como referente, promovendo un duro recorte que nalgúns casos pode reducir até en 20% as futuras pensións, a conta das mentiras sobre o aumento da esperanza de vida".

Mobilizacións

Vigo: 18:00 h na Dobrada

Lugo: 19:00 h na Praza maior

Pontevedra: 11:30 H NA Praza da Peregrina

Vilagarcía: 11:30 h na Rúa Castela  (edificio sindical)

Ferrol: 12:00 h  (edif Xunta)

A Coruña: 11:30 h no Obelisco

Ourense: 11:30 h n C. Municipal Anxel Valente (antigo Banco de España)

Compostela: 11:00 h na Praza do Toural

A Estrada: 11:30 h na Praza do Mercado

Comentarios