Mobilización contra o inicio dos 1.850 despedimentos previstos en NGB

CIG, ASCA e CGT denuncian que se comezou despedir empregad@smentres se  mantéñen contratos temporais e están recolocando a persoas procedentes da rede exterior en Galiza

Unha concentración na oficina de Novagalicia Banco (NGB) en San Roque, Lugo, é a primeira resposta da vaga de mobilizacións que encetan CIG, CGT e Asca conta o comezos dos 1.850 despedimentos nesta entidade financeira.

As centrais denuncian que Novagalicia Banco mantén contratos temporais en Galiza e está recolocando a persoas procedentes da rede exterior aquí, o” que demostra que hai vacantes no país”, pero comezou ca vaga dos 1.850 despedimentos previstos no cuarto ERE. Neste sentido, afirman que está confirmado que cando menos son 8 as persoas ás que lle foron comunicados os seus despedimentos que terían data do 21 de abril.

O IV ERE, que foi impugnado tanto pola CIG como por ASCA, contempla que cando se produza o peche de centros de traballo o persoal poderá acollerse a unha baixa incentivada nos quince días seguintes á comunicación dos peches e que, de non acollerse “voluntariamente”, o persoal arríscase a ser despedido cunha indemnización menor.

Comentarios