Miranda alerta dos efectos dun Brexit desordenado sobre a colonia galega no Reino Unido

A eurodeputada tamén se mostra preocupada polo impacto que a saída do Reino Unido da UE (axendada para marzo deste ano) podería ir ter nos sectores produtivos do país.

Ana MIRANDA in the EP in Strasbourg
photo_camera Ana Miranda, no pleno do Parlamento europeo en Estrasburgo

"Enorme preocupación". Esa é a expresión que emprega o escritorio do BNG no Europarlamento para retratar a súa reacción perante a eventualidade de Londres abandonar a UE sen ningún tipo de acordo con Bruxelas. A colonia galega no Reino Unido (por volta de 40.000 galegas e galegos, de acordo coas estimacións da formación nacionalista) e os sectores produtivos do país sufrirán as consecuencias, estima Ana Miranda.

No debate habido esta cuarta feira no pleno do Parlmento europeu, coa intervención do comisario para o Brexit Michel Barnier, Miranda tomou a palabra para defender unha "transición ordenada" que permita, por exemplo, "negociar caladoiros de pesca para a frota galega".

A saída do Reino Unido, que afectaria directamente a libre circulación de persoas, atinxiría tamén o téxtil galego, que podería ver mermado o seu potencial exportador.

Comentarios