O ministro de Industria responsabiliza a Alcoa da situación na que se atopa a empresa

José Manuel Soria responsabiliza a Alcoa de non poxar adecuadamente, o que espera que faga na vindeira poxa.

José Manuel Soria responsabiliza a Alcoa se atoparse na situación na que está por non participar adecuadamente na última poxa de interrumpibilidade, polo que non obtivo prezos máis baratos para a enerxía consumida. O ministro agarda que isto poida reverter na vindeira poxa, a realizar antes de que finalice o ano.

Esta foi a resposta que esta cuarta feira deu durante a sesión de control do Goberno no Pleno do Congreso, informa Europa Press. O ministro afirmou que Alcoa “baixou o suficiente” a súa poxa na subasta para acadar os bloques de 90MW que precisaba para a súa factoría de San Cibrao (Lugo), mentres que non fixo a poxa “nese mesmo criterio” para A Coruña e Avilés.

Comentarios