A ministra de Pesca di que o ‘Playa Pesmar Uno’ ten “todas as licenzas en vigor”

O barco galego foi apreixado por Arxentina acusado de pesca ilegal.

arxentina barco buque pesca oto da prefactura naval arxentina
photo_camera Imaxe: Prefactura naval arxentina

O buque ‘Playa Pesmar uno’, do grupo Pesquerias Marinenses, apreixado por Arxentina esta segunda feria por suposta pesca ilegal na súa zona económica exclusiva (ZEEE) ten “todas as licenzas en vigor”. Afirmouno García Tejerina, ministra de Pesca, en declaración a ‘Los desayunos de TVE’.

A ministra dixo que o goberno español está en contacto coas autoridades arxentinas para identificar "con toda precisión" onde estaba a faenar o con base en Marín.  "O buque tiña todas as licencias e todo en vigor, cando teñamos moi claro onde estaba farase a reclamación oportuna ou asumiranse as consecuencias", sinalou. Arxentina podería impoñerlle unha multa de até máis de 500 mil dólares en caso de confirmar a acusaciòn de pesca ilegal con 320 toneladas de peixe fresco nas súas adegas.

A bordo do buque, 34 tripulantes, a maioría deles galegos, incluído o capitán. Desde a cooperativa de armadores de Vigo, e en declaracións a Europa Press, indican que desde o barco afirman que estaban pescando en augas internacionais, non arxentinas. Estaría, segundo esta versión, a faenar na coñecida como Milla 201, próxima á ZEE arxentina.

O pesqueiro galego xa arribou ao porto arxentino de Comodoro Rivadavia, na Patagonia, escoltado polos gardacostas arxentinos.

Comentarios