A ministra avanza que hai varias ofertas por Alcoa

Reyes Montoro reuniuse na Coruña con sindicatos e representantes da Xunta e do Principado no día en que se apagan as cubas de electrolise nas plantas coruñesa e de Avilés.

alcoa

Hai ofertas por Alcoa e están a avaliarse de cara a valorar a súa seriedade cara ao mantemento da actividade e do emprego. Eis o anuncio que a ministra de Industria, Reyes Maroto, trasladou na xuntanza na Coruña desta terza feira a sindicatos e representantes dos gobernos galego e asturiano. De investidores industriais e de fondos de investimento, algunha delas xa realizada no seu día á propia Alcoa e que esta rexeitou.

A ministra tamén anunciou que en menos dun mes a mesa de seguimento de Alcoa comezará a traballar e nela levaranse xa aqueles proxectos e propostas que se consideren máis solventes. Maroto dixo que as condicións para quen queira coller Alcoa son mellores agora que hai un mes polo que conf´ía en que finalmente haxa unha solución para estas factorías.

Esta tarde comeza a parada das primeiras cubas de electrolise, o que supón que en poucos días paralizarase a produción de aluminio primario na planta da Coruña á espera de que un novo investidor poida reactivalas antes do mes de xullo.

O 30 de xuño finaliza o prazo. Se daquela non aparece comprador ou investidor, 43% do cadro de persoal será despedido.

Comentarios