Milleiros nas rúas de Galiza contra os ataques do PP aos servizos públicos

Máis unha vez, milleiros de galeg@s sairon á rúa contra os recortes laborais e na defensa dos servizos públicos, a denunciar as medidas adoptadas polo goberno do PP
Manifestación Servizos Públicos
photo_camera Manifestación Servizos Públicos

Baixo unha choiva teimuda, milleiros de persoas sairon ás rúas das cidades galegas para oporse, máis unha vez, aos ataques do PP aos servizos públicos. Convocadas pola Plataforma en defensa dos servizos públicas, algunhas das concentracións derivaron en manifestacións polas rúas, caso da de Compostela, ante unha asistencia que enchía a Praza do Toral.

@s convocantes -a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos- denunciaron que "dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os servizos públicos e empregad@s públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos".

Nesta liña, consideran que "estas agresións que @s empregad@s públic@s sufrimos pódese resumir nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas".

"A perda de poder adquisitivo nestes anos foi arredor do 20%. Temos salarios a niveis de 2005", alertan.

"Aféctanos a tod@s"

Desde as e os traballadoras/ess do sector público lembran que as medidas do PP de recortes e ataques a estes servizos, cunha liña de fondo claramente privatizadora, non afectan só os e as empregadas, senón ao conxunto da sociedade. 

 

Comentarios