Milleiros de traballadores do naval exixen na rúa carga de traballo e explicacións sobre Pemex

Na manifestación en Ferrol, os operarios tamén denunciaron que nos Orzamentos Xerais do Estado están ausentes partidas para o sector
Mobilización do sector naval en Ferrol
photo_camera Mobilización do sector naval en Ferrol

Pola volta de 3.000 operarios do naval de Ferrol sairon á rúa esta quinta para exixiren carga de traballo para os estaleiros e explicacións sobre o caso Pemex. Os traballadores, que partiron en manifestación e protagonizaron un paro de dúas horas, procederon a cortar o tráfico rodado en puntos da cidade como a Avenida do Esteiro.

Posteriormente, e fronte ao edificio de Facenda, procederon a facer unha queima simbólica do documento de orzamentos xerais do estado para denunciar a ausencia de partidas específicas para o sector.

Os traballadores reclaman que as administracións se comprometan xa a que en Ferrol se constrúa un dique flotante, o que garantiría carga de traballo alén de dotar á cidade dunha ferramenta de importancia para seren competitiva na construción naval.

Pemex

Mais tamén a mobilización estaba convocada para reclamar da Xunta explicacións sobre o anunciado acordo con Pemex para construir un buque hotel en Navantia. Os operarios do sector queren que o goberno galego dé a coñecer o contido cun contrato que descoñece até o propio estaleiro. os operarios xa anuciaron que intensificaráN as mobilizacións durante a campaña electoral.

Comentarios