Milleiros de obreir@s do naval toman as rúas de Ferrol máis unha vez exixindo carga de traballo

"O PP ten cartos para Bankia mais non para Navantia" foi a palabra de orde que dirixiu a mobilización

Máis unha vez, o cadro de persoal dos estaleiros de Navantia en Ferrol e Fene volveron sair á rúa. Uns catro mil obreir@s que percorreron as principais arterias da cidade para exixir carga de traballo e denunciar que "o PP ten cartos para Bankia mais non para Navantia". A Policía Local fixo acto de presenza para regular o tráfico, colpasado en diversas zonas (avenidas de Esteiro e Vigo, por exemplo).

As e os traballadores concentráronse diante das oficinas do INEM e do edificio administrativo da Xunta na cidade departamental, segundo informa Galicia Ártabra dixital.

A masiva mobilización, a segunda en menos dunha semana, finalizou na Praza de Armas, nun ambiente de combatitividade. Os sindicatos afirman estar "fartos" de agardar por solucións. O vindeiro 10 de xuño está convocada unha gran manifestación a nivel comarcal.

Haberá ampliación

Comentarios