Milleiros de obreir@s do naval escenifican a execución de Feijóo diante da sede do PP en Ferrol

Tamén o alcalde de Ferrol foi 'declarado culpábel e sentenzado á morte' nunha multitudinaria mobilización en que reclamaron, máis unha vez, carga de traballo

photo_camera [Imaxes: Susete Ferrol]


Máis de dous milleiros de operari@s do naval ferrolán mobilizáronse esta quinta feira, paraugas en man, para reclamar carga de traballo para a comarca.  Canda si dous bonecos coas caretas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.

Após simular un xuízo e ditar sentenza, queimaron os monicreques diante da sede local do PPdG, onde rematou o protesto, ao consideralos culpábeis de que a construción do flotel que, segundo a Xunta, tería encargado a petroleira mexicana Pemex, non veña finalmente para a comarca. A reclamación do dique flotante estivo tamén presente no protesto. 

A manifestación saíu e voltou á factoría de Navantia e moveuse lonxe da casa do Concello, fortemente custodiada por cinco furgonetas de antidisturbios e varios carros da policía municipal. No camiño fixeron unha parada para apoiar @s traballador@s de Benestar da Xunta de Galiza, que protestaban contra o desmantelamento da atención á dependencia.

Comentarios