Unha mentira de 9.000 millóns de euros

A confirmación por parte de KPMG que o que ela fixo non foi una auditoría das caixas nin avalou a fusión das mesmas sitúa contra a parede das súas propias afirmacións en 2010 ao presidente Feixóo, que intenta fechar a polémica evitando comparecer no Parlamento, tal e como lle  insta a oposición.

Feijóo chega á comisión de investigación das caixas
photo_camera Feijóo na comisión de investigación das caixas do Parlamento en 2013

“A culpa é solteira” di o refrán galego. Un adaxio que vén se está a notar estes días en Galiza. Desde que Francesc Gibert - un dos responsábeis daquel informe de KPMG sobre as caixas que a Xunta dixo que avalaba a fusión – dixo no Congreso que aquilo nin era auditoría nin avalaba a fusión, todo no gobernó galego é botar balóns fóra. Aquela fusión, volvendo ao refrán, é solteira.

Polo de pronto, Feixóo evita comparecer no Parlamento para dar explicacións deste novo escenario, tal e como lle pide de forma conxunta toda a oposición. O PP sae na defensa do presidente, que por certo tampouco comparecerá na Cámara para dar conta da súa viaxe a México, pola que a oposición lle pedía que rendese contas, tal e como facía o seu predecesor, Touriño, após cada viaxe institucional.

O BNG xa anunciou que valora emprender accións legais pois considera que pode haber falsificación documental e prevaricación.  Independententemente der que haxa percorrido xudicial ou non, o percorrido pol´tico deste tema é o que tenta atallar Feixóo. Foron 9.000 millóns de euros públicos –no mínimo, hai cálculos que apontan a maior cantidade- investidos para rescatar as caixas e que na súa gran maioría non se recuperaron. O que, como mínimo, debería sementar dúbidas sobra a xestión feita polo gobernó galego neste tema. Nomeadamente desde que esa tal auditoría que avalaba a fusión se destapa como que non é auditoría nin avalaba o informe.

O  PP galego mantivo até agora que a fusión de Caixagalicia e Caixanova fora a mellor opción. A inicios do pasado mes de abril comparecía na comisión do Congreso que investiga a crise financeira e o rescate bancario Marta Fernández Currás, exconselleira de Facenda da Xunta. Currás defendeu que a fusión de Caixanova e Caixagalicia se fixera con “rigor, seriedade e dilixencia exquisita”. Unha medida, a fusión, que o goberno de Feixóo –da que ela facía parte- defendeu en base á auditoría de KPMG que avalaba esa opción. Un millón de euros pagou a Xunta a KPMG por este traballo, encargado por Fernández Currás, e que se desenvolveu nun mes. Gibert, pola contra, reiterou no Congreso que, “en ningún caso”, foi unha auditoría senón máis ben un  informe “de trazo gordo”, recoñeceu. Este informe foi presentado en xaneiro de 2010 polo goberno galego, que presentaba ás veces como auditoría, outras como ‘due diligence’ e outras como un aval serio e definitivo para fusionar as caixas galegas.

Oligopolio financeiro

Aquela fusión foi a pistolada de saída para o esvaecemento do sistema financeiro galego. A historia xa é coñecida: o que foron as caixas acabou en Novacaixagalicia, comprada por un banco venezuelano por mil millóns de euros para dar lugar a Abanca (que recuperou en beneficios no se primeiro ano de actividade). O Banco Pastor foi adquirido polo Banco Popular que acabou nas redes do Santander. A que foi segunda entidade en Galiza desaparece após case 250 anos de existencia: fica reducido a una dirección rexional e a una marca que, con probabilidade, vaia desaparecendo ao longo de 2019. E o Banco Gallego foi comprado en 2013 polo Sabadell e en 2014 produciuse a plena integración.

Na actualidade, cinco entidades financeiras acaparan máis do 0% do mercado galego, o que é una ratio moi superior á media dos outros países europeos e, tamén, superior á do estado español. Un oligopolio bancario nin territorio moi gorentado pola banca pola súa capacidade de aforro, una capacidade que, en boa media, fornece de créditos outros territorios do Estado.

Un camiño moi distinto foi o seguido polo sistema financeiro vasco: BBK, Kutxa e Vital Kutxa conformaron a través dun SIP (unha fusión fría, ou híbrida) o que hoxe é Kutxabank, con sede en Bilbao, e que é líder no mercado vasco.

Comentarios