Medra o excepticismo no proceso de venda de Alcoa

O comité de empresa da factoría desconfía da oferta realizada pola multinacional e alerta que podería botar atrás as ofertas de compra que tivo até agora.
O presidente do comité de empresa e un traballador xubilado (Carlos Castro/ Europa Press/  Arquivo).
photo_camera O presidente do comité de empresa e un traballador xubilado (Carlos Castro/ Europa Press/ Arquivo).

O comité de empresa da planta de aluminio de San Cibrao, en Cervo, non se atopa cómodo coa proposta presentada hai uns días por Alcoa para extender o período de venda. O seu presidente, José Antonio  Zan, advertiu de que os compradores "están escépticos" co proceso de venda tal e como propuxo a multinacional.

Afirma que "se agora mesmo paralizan a venda e non se volve a abrir até o mes de xaneiro de 2023 dunha forma distinta a este momento, eles case seguro que se marcharían", afirmou. Por iso, reivindicou que "se necesita que as empresas interesadas continúen co proceso de venda e precísase tamén que o Goberno español lles garanta un marco enerxético co cal poidan competir". 

Este sindicalista constatou que até o de agora "os que fixeron unha oferta non vinculante son catro compradores, a partir de agora terían que ser as ofertas máis serias" e polo tanto "serían eses catro os que entrarían na operación".

En relación ao Goberno español, Zan subliñou que están "a esperar a que o Ministerio de Industria entregue ese borrador para empezar a traballar sobre a nosa folla de ruta". 

Sinalou que teñen claro "que o Goberno español ao sacar á SEPI ten que buscar unha solución que nos sirva a todos". O persoal de Alcoa na Mariña segue reclamando "garantías de continuidade e de futuro" polo que Zan lémbralle a ambos gobernos "que prometeron que solucionarían o problema sen que houbera perda de postos de traballo, nin caída da produción". 

Por este motivo, no comité de empresa antepoñen esas "garantías" porque, aclaran, "aquí non se trata de dar garantías a Alcoa, senón ás e aos traballadores". En todo caso, aclarou Zan, "que a Alcoa teñen que darlles garantías, iso é cuestión do Goberno que negocia coa empresa e non de nós". 

Advertencia de ter que devolver subvencións

Por último, e diante unha posíbel sanción do Goberno español polo CO2, cunha reclamación á multinacional que podería ascender a 34 millóns de euros, Zan afirmou descoñecer "se é así ou non".

Con todo, manifestou que "se se fecha a fábrica, as subvencións que mantiveron os postos de traballo e o emprego durante tres anos terían que ser devoltas".

Comentarios