Medra o consumo habitual de produtos ecolóxicos na Galiza

Na Galiza, 77,9% aseguran consumir alimentos ecolóxicos nos seus domicilios con asiduidade.
photo_camera

O consumo de produtos ecolóxicos segue a gañar adeptos na Galiza. De feito, é o territorio do Estado español onde máis persoas afirman consumilos habitualmente. Segundo o último informe de opinión pública de Simple Lógica, 77,9% das galegas aseguran que no seu domicilio consúmense alimentos ecolóxicos con asiduidade. Son case dez puntos máis que a media de territorios (69,7%) e que os datos recollidos na anterior enquisa (68,9%).

Galiza destaca tamén como o territorio onde máis porcentaxe de poboación aposta nos produtos ecolóxicos sen elaborar, como froitas e verduras, que ascende a 72% dos enquisados, e en menor medida de produtos ecolóxicos elaborados, con 66,2%. Onde os resultados non son xa tan categóricos e na pregunta de se compensa facer un esforzo económico maior para mercar este tipo de produtos. Neste aspecto a poboación está máis polarizada, con 47,1% que o ve razoable, por 45,6 que non ve xustificado pagar máis por este tipo de alimentos. 

No conxunto do Estado español, 69,7% da cidadanía que afirma consumir de maneira habitual alimentos ecolóxicos representa 7,3 puntos máis que o ano anterior. No caso dos alimentos ecolóxicos sen elaborar, a porcentaxe que declara consumilos con asiduidade aumentou 10 puntos, ao pasar de 53,3% en 2019 a 63,7% en 2020. No estremo oposto, 35,9% afirma non consumilos de maneira frecuente. 

Neste caso, a porcentaxe de persoas que consumen alimentos ecolóxicos elaborados é maior que as que apostan nos alimentos sen procesar. 56% das cidadás citan as conservas ecolóxicas, os aceites, o leite e os viños como os produtos deste tipo que adoitan ter nos seus fogares. 

Comentarios