Marzo pecha con 307.786 desempregad@s na Galiza

Serían 291.187 de non incluírmos o colectivo de 'Denos', aquelas persoas que non computan por estaren anotadas nun curso de formación ou por buscaren o seu primeiro emprego. As férias de 'semana santa' só reduciron o paro en 1.636 persoas no País


Malia a pequena baixada que as férias de 'semana santa' trouxeron na cifra do desemprego rexistrada en marzo na Galiza, en 1.636 persoas,  o terceiro mes do ano pecha no noso País cun total de 307.786 incluíndo @s 'Denos', aquelas persoas que non computan por estaren anotadas nun curso de formación ou por buscaren o seu primeiro emprego. Sen as contar, o número de demandantes quedaría en 291.187 persoas. 

Galiza é un dos nove territorios onde baixou o desemprego, unha caída que se pode achacar á semana feriada porque o paro reduciuse unicamente no sector servizos e por ser a primeira vez que cae en marzo desde 2008, último ano en que eses sete días cadraran integramente en marzo. Respecto do mes de marzo de 2012, a cifra medrou no País e son agora 14.392 máis @s traballador@s que non teñen emprego, un incremento interanual do 5,2%.

Datos do Estado: 5.348.392 desempregad@s

Até 5.348.392 persoas no desemprego son as rexistradas no conxunto do Estado, sumando o colectivo de Denos. Sen contabilizalo, a cifra total seguiría por riba dos cinco millóns de persoas, n@s 5.035.243 anotad@s. O respiro que ofreceron os últimos sete días do mes, que foron feriados, traduciuse en que 4.979 persoas atoparon un emprego na 'semana santa' e trouxo canda si a primeira caída no desemprego desde decembro de 2012. 

Comentarios