Marzo pecha con 291.187 desempregad@s na Galiza

Serían 307.786 de se incluír na cifra @s 'Denos', aquelas persoas que non computan por estaren anotadas nun curso de formación ou por buscaren o seu primeiro emprego. As férias de 'semana santa' só reduciron o paro en 1.636 persoas no País


No conxunto do Estado o número de persoas anotadas nas listas do paro baixou tamén, en case 5 mil persoas. A baixada pode achacarse ao incremento da ocupación propio da 'semana santa' pois o paro baixou unicamente no sector servizos e é a primeira vez desde 2008 que estas férias cadran integramente no terceiro mes do ano.

Así as cousas, a cifra total de desempregad@s no Estado é de 5.348.392 persoas sumando @s 'Denos', aquel@s que están anotadas en cursos de formación ou que procuran o seu primeiro traballo.



((Haberá ampliación cos datos da Galiza))

Comentarios