Mariñeiros da frota galega expulsada de Mauritania paralizan descarga polbo en Vilagarcía

O cefalópodo fora capturado en augas mauritana pola frota china, que faena de onde foi expulsa hai uns meses a galega por un convenio da UE

Mauritania

Desde primeiras horas da mañá varias ducias de mariñeiros, convocados pola CIG, paralizan a descarga de polbo conxelado no Porto de Vilagarcía. O cefalópodo procede de Canarias mais foi capturado en augas de Mauritania pola flota china.

Un caladoiro, o norte-africano, do que foron expulsados hai uns meses máis de 20 barcos galegos por mor dun convenio da Unión Europea. Acordo que, como denuncian desde a CIG, saíu adiante sen que nin Xunta nin Goberno central se esforzasen en defender os intereses do sector galego.

Desde a central nacionalista alertan que este polbo conxelado que se quere descargar en Vilagarcía é unha mostra de como se está a prexudicar á frota galega e ao sector de baixura.


 

Comentarios