Manolo Camaño, novo secretario xeral da CUT

Camaño xa ocupara este posto até 2009, no que foi substituído por Ricardo Castro. O V Congreso da Central Unitaria de Traballadores decorreu en Compostela sob o lema 'Da revolución á evolución, ergue a túa dignidade'.

cut-1

Manolo Camaño Fandiño foi eleito polo V Congreso da CUT como novo secretario xeral do sindicato, substituíndo así a Ricardo Castro, que ocupara ese cargo desde 2009. Camaño xa fora secretario xeral da Central Unitaria de Traballadores desde a súa fundación, a finais dos 90, até o IV Congreso, realizado en 2009.

O plenario do Congreso reafirmouse no “carácter combativo da CUT”, sindicato que traballa “na dirección da liberación de clase e nacional”. O Congreso decorreu en Santiago de Compostela co lema 'Da revolución á evolución, ergue a túa dignidade'.

A nova Executiva da Central Unitaria está formada por sete persoas: Churum Romero, Xan Carlos Enríquez, Ana Olveira, Maruchi Álvarez, Pancho Niño e Alberte Lema e do novo Secretario Xeral: Manolo Camaño Fandiño.

"A nosa vontade"

A CUT afirmou "a nosa vontade de seguir practicando, no contexto da actual crise económica do Capital, un sindicalismo de clase, nacional, antipatriarcal, asemblear e combativo, ceibe de subvencións e servilismos coa Patronal".

Comentarios