Unha manifestación percorrerá Pontevedra esta sexta feira contra a prórroga a ENCE

Convocada pola plataforma 'Ence fóra', partirá da Praza da Ferrería ás 20:30 horas.

ence_capa

Comézase a articular a resposta social á decisión do goberno en funcións de prorrogar 60 anos a ENCE na Ría de Pontevedra. Anunciábao o Concello pontevedrés e a plataforma Ence fóra da Ría esta segunda feira: non ían permanecer de brazos cruzados e ían responder á decisión do goberno do PP no eido político, no xudicial e no social. Neste último, a asemblea de 'Ence fóra' acordou convocar unha manifestación esta sexta feira, 29 de xaneiro, ás 20:30 horas, con saída da Praza da Ferrería.

A chamada da plataforma está apoiada por axenets políticos, sindicais e sociais, así como por institucións como o concello da cidade pontevedresa. Denuncian unha concesión outorgada por un goberno en funcións e que supón unha hipoteca para a ría, a comarca e o país para as vindeiras décadas.

ENCE, satisfeita

O director do centro de operacións de Ence, Antonio Casal, afirmou nunha comparecencia esta cuarta feira que a pasteira non ten "temor ningún” os recursos xudiciais que colectivos e institucións anunciaron que van interpor contra a concesión da prórroga. Casal expresou "alegría e gran satisfacción" pola concesión desta prórroga.

Comentarios