Mais unha vez, mobilizacións en Galiza contra o 'estrangulamento' dos servizos públicos

Mais unha vez,centos de galeg@s secundaron a convocatoria da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos para se concentrar nas sete cidades de Galiza contra os orzamentos de 2013 e os seus recortes
servizos
photo_camera Concentración en Lugo

As concentracións realizáronse nas sete cidades galegas, e ás mesmas acudiron centos de persoas, coa finalidade de defender os servizos públicos e denunciar os recortes e retalladas que afectan aos mesmos.

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos denuncia que os orzamentos propostos polo goberno de Feijoo “estrangulan” os servizos públicos deteriorando até o extremo a atención aos usuarios e usuariase precarizan as condicións laborais das traballadoras e traballadores. Alén disto, favorecen a amortización de postos de traballo, pola vía da non reposición de efectivos, e abren a vía para realizar despedimentos.

Comentarios