Máis dun milleiro de tractores toman Vilalba para defender un futuro para o sector lácteo e o rural galego

A multitudinaria mobilización reuniu gandeir@s e veciñ@s de diferentes comarcas do país, que exixiron prezos xustos e solucións, para alén de lamentar a 'inhibición' de Estado e Xunta perante unha crise “que nos afoga”.

@mariadcalvo tractores
photo_camera @mariadcalvo tractores

'Nin un paso atrás na defensa d@s gandeir@s galeg@s', a faixa, portada por mulleres, resumía como poucas o sentir desta quinta feira en Vilalba, a vila que acolleu a nova mobilización (a primeira após a cimeira no Ministerio) do sector lácteo galego. Máis de mil tractores e centos e centos de gandeir@s e veciñ@s procedentes de diferentes comarcas do País ateigaron a capital da Terra Chá nunha mostra de forza e de que o sector galego non se resigna. As reivindicacións, as mesmas que expuxeron xa no 'tour de force' que están a protagonizar este mes: Arzúa, Santa Comba, Lalín...: prezos xustos para o leite, non ás presións nin chantaxes, un futuro digno para o rural galego.

TRactorada @jpenaltaEn solidariedade con produtores e veciñ@s, o comercio vilabés pechou durante dúas horas, mentres unha nutrida manifestación percorría a vila demandando solucións e compromisos firmes e concretos das administracións para rematar coa crise. Unha crise que afoga milleiros de explotacións en Galiza que levan meses tendo que vender o leite a prezos mesmo por baixo do custo de produción. As cotizacións máis baixas de Europa están en Galiza e as súas demandas de prezos xustos non teñen resposta. O Ministerio xa dixo que non ía fixar prezos mínimos, descartando así facer o que si fixo Francia. Os sindicatos criticaron a actitude do Estado neste conflicto, no que a industria "fai o que quer" sen que as administración tome medidas. Para a Fruga, por exemplo, “todo parece indicar que o ministerio esta máis preocupado pola subida do IPC que por que @s gadeir@s galeg@s perciban uns ingresos dignos polo seu traballo. Non sendo sequera capaz de copiar a solución aportada polos franceses, decide apostar por afundir máis o sector con chivatazos e consultas a Bruxelas”.

Xulio Gundín, de UUAA, afirmou que unha terceira arte dos gandeir@s está a cobrar por baixo dos custos de produción e cualificou a marcha de Vilalba como "masiva" porque "a situación vai a peor e na reunión de Madrid co Ministerio non se solucionou nada".

@mariadcalvoA marcha, na que tomaron parte representantes de diferentes organizacións, como BNG, Anova ou PsdeG, así como alcaldes de diferentes localidades de comarcas leiteiras, finalizou perante o Concello onde un manifesto foi lido polo xornalista Fidel Fernán.

Esta sexta feira haberá nova mobilización, desta volta en Ordes. O 25 será en Sarria e o 27 en Curtis. O 3 de setembro, en Compostela.

Os sindicatos xa anunciaron que estaban dispostos a recrudecer as mobilizacións porque a situación actual é "inasumíbel".

Imaxes: @revistaafriga  @mariadcalvo e @jpenalta

Comentarios