Madrid advirte que a quita media das preferentes roldará o 40%

As persoas defraudadas pola estafa das preferentes perderán boa parte dos seus aforros e só percibirán títulos pola parte compensada. Así o asegurou o executivo de Mariano Rajoy que di estar procurando "fórmulas para darlles liquidez".

Estafad@s polo calote das preferentes ven cada vez máis lonxe a posibilidade de que o Goberno español lles garanta a recuperación dos seus aforros. Segundo informou o executivo liderado por Mariano Rajoy no Congreso d@s deputad@s, as persoas que posúen participacións preferentes e subordinadas nas entidades financeiras rescatadas deberán asumir unha quita media do 40% --que poderá ser superior ou inferior en función das particularidades de cada caso. 

Neste senso, as persoas afectadas pola fraude non poderán recuperar a totalidade dos seus aforros cuestión que exixen desde as plataformas de afectad@s como única solución. Aliás, deberán asumir que a porcentaxe que ficará exenta da quita só será recuperábel en forma de títulos de capital --de maneira que @s estafad@s pasarán a ser accionistas. 

Malia a que o ministerio recoñecer "ser consciente" da problemática xurdida, seguen a negar as responsabilidades políticas dunha fraude autorizada polo executivo de José María Aznar en 2003 após asinar un decreto en que se autorizaba a comercialización deste tipo de produtos entre @s aforrador@s. 

Comentarios