domingo 12.07.2020

Macron complica a chegada de máis modelos eléctricos a PSA Vigo

O presidente francés, Emmanuel Macron.
O presidente francés, Emmanuel Macron.

Francia sairá ao rescate das súas principais industrias automobilísticas. O presidente galo, Emmanuel Macron, anunciou un plan de 8.000 millóns de euros en axudas ao sector que ten como letra pequena o obxectivo de que tanto Renault como PSA fabriquen en Francia os seus vehículos híbridos e eléctricos e manteñan a totalidade da produción industrial nas plantas que teñen no país.

Esta decisión pode ter consecuencias no futuro na cadea que o grupo PSA ten en Vigo, xa que quedaría fóra do modelo de mobilidade que promoven desde a Unión Europea, o que afectaría tamén á súa produción.

Esta política vai na liña do acordo entre París e Berlín para liderar a industria europea de fabricación de baterías de vehículos eléctricos, un compoñente que representa 40% do seu valor.

comentarios