A luz volve marcar o domingo máis caro da historia

Esta é a terceira semana no que o prezo da luz bate a súa marca dun domingo de maneira consecutiva
Concentración na Coruña pola suba do prezo da luz, o pasado 19 de setembro.
photo_camera Concentración na Coruña pola suba do prezo da luz, o pasado 19 de setembro.

O prezo medio diario da electricidade no mercado almacenista sobe este domingo un 0,98% respecto ao sábado, até os 213,29 euros o megawatt hora (MWh), marcando o domingo máis caro da historia após superar a anterior marca da semana pasada. 

O prezo máis alto deste domingo darase entre as 20 e as 21 horas

Esta é a terceira semana no que o prezo da luz bate a súa marca dun domingo de maneira consecutiva. Respecto ao pasado domingo, no que a luz se situaba en 209,63 euros, a subida é do 1,75%.

O prezo máis alto deste domingo darase entre as 20.00 e as 21.00 horas, cando alcanzará os 271,80 euros/MWh, mentres que o máis baixo rexistrarase entre as 16  e as 17horas, con 174,93 euros/MWh.

En calquera caso, e a pesar desta certa estabilidade, o prezo da luz segue disparado se se compara co que se rexistraba o ano pasado por estas datas.

O alto prezo da luz xa se está trasladando a outros produtos industriais, provocando incluso a redución da actividade por parte dalgunhas compañías, como xa pasou en China, así como a produtos tan básicos como o pan, que chegou a subir até 10 céntimos a barra.

Comentarios