venres 24/09/21

A luz págase a 100,51 euros/Mwh este domingo

Lixeira rebaixa no prezo medio da electricidade durante este fin de semana, malia iso, Facua estima un incremento do 43,7% no prezo da factura con respecto ao mesmo período de 2020.
Contadores de electricidade. (Foto: Europa Press)
Contadores de electricidade. (Foto: Europa Press)

100,51 euros/Mwh, este é o prezo medio da electricidade este domingo. A pesar de supor unha baixada do 8,74%, reducindo a cifra por segundo día, segundo datos de OMIE (o operador do mercado eléctrico designado na península), agosto mantén un prezo medio superior aos 100 euros/Mwh, superando todos os récords.

Precisamente, a sexta feira, 13 de agosto, estabeleceuse o prezo medio máis alto da serie histórica, con 117,29 euros/Mwh. Hai un ano, o prezo medio diario estaba nos 32 euros/Mwh, tres veces menos que na actualidade.

A mínima rebaixa do prezo o sábado e o domingo está motivada en que, teoricamente, durante os fins de semana a menor demanda impulsa un abaratamento deste prezo.

Ao longo do día, entre as 18.00 e as 19.00 estará o prezo máis baixo da xornada, con 88,14 euros/Mwh. Pola contra, entre as 00.00 e a 01.00 chegouse a pagar 110,41 euros/Mwh.

Facua-Consumidores en Acción, calcula que a factura da luz en agosto será “a máis cara da historia”, cun aumento no que vai de mes dun 43,7% da factura con respecto ao mesmo período de 2020.

Ista implica, baseados nas súas estimacións sobre a tarifa semirregulada (PVPC), que os primeiros 15 días de agosto deixan unha factura mensual de 91,62 euros, hai doces meses foi de 63,77 euros.

Todo isto, após o cambio no IVA do 21% ao 10%, que foi aprobada polo Goberno estatal para ser aplicado nas facturas posteriores ao 26 de xuño e no que resta de 2021.

comentarios