martes 22/09/20
Análise

Lois Peña Novo e o soño do desenvolvemento (I)

Con motivo da publicación da obra Lois Peña Novo: o soño do desenvolvemento de Galicia (Instituto de Estudos Chairegos), o seu autor, o profesor Manuel Roca Cendán, recupera para Sermos Galiza as principais achegas de quen foi o principal estudoso da economía galega no primeiro terzo do século XX. Eis un extracto da primeira parte da análise, publicada no número 294 de Sermos Galiza.

[Imaxe: SG] Lois Peña Novo, vendo un partido de fútbol en Vilalba
[Imaxe: SG] Lois Peña Novo, vendo un partido de fútbol en Vilalba

3Nun semestre cúmprense cen anos da primeira Asemblea Nacionalista de Galicia, celebrada en Lugo o 17 e o 18 de novembro de 1918. Dous dos irmáns da Fala que traballaron arreo no programa-manifesto desa Asemblea foron Lois Porteiro Garea –que morreu uns días antes desa xuntanza– e Lois Peña Novo. Nese manifesto incluíron varios puntos fulcrais para o desenvolvemento da nosa nación.

Algunhas das Facultades do Poder Galego que recolleron no eido económico foron a soberanía fiscal de Galicia –demandaron un “réxime tributario, sen intervención do poder central, ao que somentes  pagará o poder autónomo a cantidade que se fixe nos concertos económicos”–; a competencia da nación galega no sistema financeiro – “o réxime bancario, no que intervirá pola función social que teñen hoxe os bancos. A mesma facultade para a solución do creto agrícola” – ou a nacionalización dos ferrocarrís –“a lexislación sobre os mesmos será facultade do poder central, a súa construción e administración, encarga do poder autónomo”. Ademais, en canto a correos e telégrafos, “o seu servizo, a cargo do poder central; a súa creación, do poder autónomo; o servizo dos teléfonos, a cargo do poder galego”. O mesmo, coa lexislación social, “agás naqueles casos nos que os problemas sociais se estendan ás diversas nacións da Iberia”.

[Podes ler a peza íntegra no número 294 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

comentarios