Italia mobilizará 17.000 millóns de euros para resgatar dous bancos vénetos

O BCE sinalara que Popolare de Vicenza e Veneto Banca eran inviábeis ou estaban camiño de selo. O grupo bancario líder no mercado italiano, Intesa Sanpaolo, compra as dúas entidades por 1 euros e co estado anticipándolle 5.000 millóns.

italia veneto banca
photo_camera italia veneto banca

O goberno italiano aprobou este domingo a “liquidación ordenada” de dúas entidades financeiras do Véneto, zona do norte do país, despois de que a xunta de resolución europea ordenase liquidar ambas as dúas entidades. O Banco central (BCE) xa sinalara que Popolare di Vicenza e Veneto Banca eran inviábeis ou estaban camiño de selo.

O executivo italiano aprobou un decreto lei para liquidar estas dúas entidades. Como se fará? A través de Intesa Sanpaolo, grupo bancario que ten unha posición de liderato no mercado italiano. IS paga por estes dous bancos un euro e ficará só cos activos sans de ambos os dous, o que supón por volta de 20.000 millóns de euros en créditos. O resto, aqueles activos ‘tóxicos’, van para un banco malo.

Mais a operación non finaliza aquí. O estado italiano financiará o resgate. O primeiro paso é un anticipo de case 5.000 millóns de euros como anticipo en caixa para Intesa. O Fondo de Garantía está disposto a chegar até os 17.000 millóns de euros para financiar este resgate. Unha operación que xa provocou as críticas da oposición. Algúns cálculos indican que a operación implicará o fechamento de 600 sucursais e afectará por volta de 4.000 empregos.

Comentarios