martes 07/12/21

Investigan Caixabank, Sabadell, Santander e Bankia pola xestión dos avais ICO da Covid

Os bancos terían obrigado a contratar outros produtos para acceder aos avais e tamén os usarían para reestruturar débedas.

Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)
Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)

A Comisión Española dos Mercados e a Competencia (CNMC) abriu expedientes sancionadores a Banco de Sabadell, Banco de Santander, Caixabank e Bankia por posíbeis prácticas restritivas de competencia na comercialización de liñas de avais ICO (Instituto crédito oficial) pola Covid.

Estes avais foron habilitados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para facilitar o acceso ao crédito e á liquidez ás empresas e aos autónomos para amortecer o impacto económico da pandemia.

En concreto, a CNMC investiga se os bancos obrigaron os clientes a vincular o acceso aos avais Covid do ICO a outros produtos.

Ademais, analiza o uso dos préstamos como mecanismo para reestruturar as débedas financeiras preexistentes, segundo o presidente da CNMC, Cani Fernández.

Os comportamentos analizados teñen a súa orixe en certa información que a CNMC recibiu a través da súa caixa de correo segura [email protected]

 De feito, a axencia abriu esta canle para que empresas e cidadáns puidesen denunciar posibles prácticas anticompetitivas.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Investigan Caixabank, Sabadell, Santander e Bankia pola xestión dos avais ICO da Covid
comentarios