Instan a Xunta a “recuperar o control público” das hidroléctricas de Villar Mir

O comité entende que "se a empresa considera que as centrais hidroeléctricas xa non son rendíbeis, entón é o momento de recuperar o control público das concesións" .

2016-10-18-Cee-AsembleaFerroatlantica1.grande
photo_camera Asemblea de traballadores Ferroatlántica

O Comité de Empresa de Ferroatlántica denuncia a "campaña de mentiras e contaminación" coa que a empresa "pretende enganar a opinión pública". Refírese ás afirmacións do presidente de Ferroatlántica nas que indicaba que a venda das centrais era “unha oportunidade para todos” para alén de afirmar que as hidroeléctricas apenas representan o 5% do negocio. Para o Comité, “esa 'operación de ouro' para o grupo significa a ruína da comarca". Partillan preocupación e oposición á venda os alcaldes da comarca, cunha delegación dos cales se reuniu o presidente de Ferroatlántica.

Recuperar o control público das concesións

"Nin as centrais nin os nosos recursos naturais están á venda, polo que agardamos que o goberno do PP tome boa nota", apuntan. Tanto a representación social como os alcaldes, indican desde a CIG, volveron solicitar a intervención inmediata da Xunta de Galiza e do seu presidente pois "é o único que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa".

Sobre esta punto, destacan que se a empresa considera que as centrais hidroeléctricas xa non resultan rendíbeis para o grupo porque representan menos do 5% e, tal como asegura a dirección, as factorías xa non dependen da produción de enerxía, "entón é o momento de que a Xunta, e como salvagarda do interese público, recupere o control público das concesións e non permita unha operación especulativa cos recursos naturais da nosa comarca".

Comentarios