Máis de 3.000 operarios volven á rúa en Ferrol en demanda de carga de traballo:''O flotel non chega''

3.500 traballadores dos estaleiros e auxiliares volven se mobilizar en Ferrol en demanda do dique flotante e contra a ''estratexia política de dicer que o do naval xa está solucionado”.

ferrol asemblea naval
photo_camera ferrol asemblea naval

Os traballadores do naval volveron ás rúas de Ferrol. Máis unha vez. Unha mobilización que tiña un simbolismo, pois chega despois da adxudicación do fllotel e da visita de Feijóo e directivos de Pemex a Ferrol para prometer investimentos e traballo. Promesas que non convencen, vista a masiva manifestación desta cuarta feira.

Por volta de 3.500 persoas volveron percorrer as rúas de Ferrol para demandar o dique flotante e lembrar que un só flotel non é solución para un sector que perdeu milleiros de empregos nestes anos. O presidente do comité de empresa de Navantia, Ignacio Naveiras, dixo que esta protesta tiña como obxectivo tamén “desbaratar a estratexia política que estamos a ver e que quere transmitir que o problema do naval está solucionado e que a ría ten garantido o emprego cando non é así”.

Escenificar

Para escenificar esa afirmación, chegada á Praza de Armas a manifestación dividiuse en dous grupos. Un de 300 persoas a un lado (simbolizando os empregos que vai xerar o flotel) e as 3.000 noutro,polos que están sen emprego ou non traballarán no buque.

Comentarios