venres 07/05/21

Inditex, a polas renovábeis

Constitúe unha filial enerxética para os seus proxectos de renovábeis.

Inditex

Inditex creou unha filial enerxética para xestionar os seus proxectos de renovábeis baixo o nome de Inditex Renovables, con sede en Arteixo e presidida por Francisco Javier Losada, segundo publica o Boletín Oficial do rexistro Mercantil (Borme).

A nova sociedade, que se crea cun capital de 3.000 euros e que comezou as súas operacións o pasado 16 de abril, ten como obxecto social a realización de toda clase de actividades, obras e servizos propios ou relacionados cos negocios de produción e comercialización de enerxía térmica ou eléctrica mediante instalacións que utilicen fontes de enerxía renovábeis.

A publicación da creación desta nova filial prodúcese despois de que  semana pasada o grupo fundado por Amancio Ortega presentase á Autoridade Portuaria da Coruña unha solicitude de concesión administrativa para desenvolver un proxecto de instalación de tres aeroxeradores na explanada de Levante do Porto Exterior da Coruña. Un proxecto cun investimento de 30 millóns de euros.

O obxectivo é, afirmaba o grupo, que estes muíños eólicos xeren enerxía sostíbel para o autoconsumo colectivo das instalacións portuarias de Punta Langosteira e da sede de Inditex en Arteixo (oficinas, fábricas e centro de distribución)..

En concreto, segundo esta proposta, recollida na solicitude de concesión que será estudada e tramitada no seu caso pola Autoridade Portuaria da Coruña nos próximos meses, Inditex asumiría o investimento total das instalacións, estimada en aproximadamente 30 millóns de euros, así como a súa xestión e mantemento posteriores, que serían desempeñados desde o punto de vista operativo por unha empresa especializada.

Inditex resaltou que esta formulación para o autoconsumo enerxético colectivo é único no Estado español.

O  “autoabastecimiento enerxético sostíbel” supón un paso máis no compromiso establecido polo presidente de Inditex, Pablo Isla, cuxo obxectivo é a incorporación a todas as súas operacións da enerxía máis eficiente.

Neste sentido, o grupo marcouse que ao peche do actual exercicio o 90% da enerxía consumida en todas as súas instalacións no mundo (sedes, loxística e tendas) proceda de fontes sostíbeis

comentarios