Imputan a máis conselleiros de Novacaixagalicia polas indemnizacións millonarias

Entre as persoas encausadas pola decisión do xuíz Ismael Moreno está Fernández Moreda, ex-presidente da Deputación da Coruña, informa La Voz. Xa son 9 os conselleiros e altos cargos das antigas caixas imputados. 

NCG

Os catro conselleiros que integraban a comisión de retribucións de Novacaixagalicia veñen de ser imputados pola Audiencia Nacional en relación os plans de pensións e indemnizacións millonarias que se auto-concederon os altos cargos da entidade, segundo recolle La Voz de Galicia. Trátase de Mauro Varela (co-presidente de NCG), Pilar Cibrán e Alfonso Zulueta. E o cuarto imputado é un coñecido da política galega: Salvador Fernández Moreda, do PSOE coruñés e que foi presidente das Deputación da Coruña.

En declaracións a La Voz, Moreda afirmaba estar “sorprendido” pola decisión mais tamén “tranquilo” pois, afirma, son instrucións previas e non hai acusación formal contra el e os outros tres conselleiros.

Por volta de 42 millóns de euros

Segundo recolle La Voz, con esta decisión da Audiencia Nacional son xa 9 os conselleiros e altos directivos da caixa encausados no proceso.REclámaselles a devolución, lembra o xornal coruñés, pero de 8 millón de euros entre indemnización e plans de pensións, o entender que foron percibidas indebidamente. O total dos pagos rondaría os 42 millóns de euros.

Comentarios