Acordo de todos os grupos en que ILP a prol da tarifa eléctrica se tramite neste período de sesións

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o responsábel de Enerxía da CIG-Industria, Fernando Branco, reuníronse cos grupos parlamentares para coñecer a súa disposición a defender unha iniciativa apoiada por 18.000 sinaturas.

PP CIG ILP seixo puy branco
photo_camera Pedro Puy con Branco e Seixo

O pleno do pasado 26 de xaneiro aprobaba por unanimidade admitir a trámite a ILP impulsada pola CIG e avalada por 18.000 sinaturas a prol dunha tarifa eléctrica galega. O PP enviou unha comunicación á Mesa do Parlamento pedindo que non se abrira o proceso de emendas mentres non se contara con informes dos servizos xurídicos da Xunta e non se celebrara un proceso previo de comparecencias. Temendo que isto poidese ser una “manobra dilatoria” por parte do PP para retrasar a tramitación da ILP, a CIG solicitou xuntanzas cos grupos parlamentares.

Nas reunións (BNG, AGE, PSdeG e Grupo mixto) todos os representantes partillaron que esta ILP debería debaterse neste período de sesións. Tamén o PP, a través do seu portavoz parlamentar, estivo de acordo. Para iso concordaron coa CIG na necesidade de limitar no tempo o debate en Comisión e o número de comparecencias.

Fernando Branco, asegurou que a CIG fará un seguimento para que se cumpran os obxectivos da ILP e que o contido da lei que finalmente se aprobe se corresponda co proposto, sen baleirarse ou rebaixarse.

Comentarios