luns 01/03/21

Hostaleiros e autónomos de Ferrolterra reclaman na rúa un plan de rescate para o sector

Volveron mobilizarse na cidade de Ferrol convocados por HAF.

hostaleiros e autónomos ferrol
Imaxe da concentración de hoxe en Ferrol

Autónomos e hostaleiros da comarca de Ferrol volveron, unha semana máis, a se mobilizar para demandar actuacións por parte das institucións que eviten o feche de comercios e locais nuns sectores que están ao límite.

A mobilización, convocada pola recentemente constituída  ‘Hostaleiros e Autónomos Ferrolterra’ ( HAF), demanda tamén, como as plataformas doutras partes da Galiza, un plan de rescate para o sector. A mobilización principiou na Praza de España para, após percorrer diferentes rúas da cidade, finalizar ante o Concello de Ferrol, na praza de Armas.

Denuncian que moitos deles terán que fechar os seus negocios xa que a pesar de non ter ingresos polo fechamento dos negocios non se lles eximiu de ter que seguir facendo fronte a impostos e obrigacións tributarias.

HAF ten denunciado nestas mobilizacións "unhas axudas que non chegan" e denuncia o "abandono" por parte das Administracións públicas a pesar de que son os máis afectados as restricións para frear os contaxios da covid-19.

comentarios