Greenalia anuncia catro novos proxectos de eólica mariña nas Canarias

Parque eólico de Miñón, en Vimianzo (Greenalia)
photo_camera Parque eólico de Miñón, en Vimianzo (Greenalia)

A compañía galega de renovábeis Greenalia vén de iniciar os trámites para o desenvolvemento de catro novos proxectos eólicos mariños flotantes nas Canarias, que se suman ao parque eólico 'Gofio' de 50 megavatios (MW), cuxa tramitación se iniciou a principios deste ano. 

Trátase dos parques 'Dunas', 'Mollo', 'Cardon' e 'Guanche', de 50MW de potencia cada un, que estarán situados ao sueste da illa de Gran Canaria, "en áreas que presentan un elevado recurso eólico, seguramente o maior de toda Europa, o que converte as Canarias na plataforma ideal para o despregamento desta tecnoloxía", apuntan desde a compañía.

Con esta actuación, Greenalia reforza a súa aposta pola eólica mariña flotante e suma 250 novos megavatios ao seu porfolio de proxectos.

Comentarios