As tres grandes eléctricas gañan 4.220 millóns de euros até setembro

Iberdrola, Gas Natural-Fenosa e Endesa ingresaron neses nove meses máis de 59.000 millóns, un 5,7% máis que no mesmo período do ano anterior. Por volta do 17% dos fogares do Estado sofre pobreza enerxética

Inerdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa son as tres maiores compañías eléctricas con operacións no Estado español. Entre xaneiro e setembro obtiveron un beneficio neto, entre as tres, de 4,219,7 millóns de euros. No mesmo período do ano pasado esa ganancia conxunta estivo nos 4.227 millóns de euros. Diversos estudos e informes, como o de ACA (Asociación de ciencias ambientais) cifran en sete millóns as persoas que no Estado están en pobreza enerxética.

Iberdrola é a que rexistrou maior beneficio, con 1.919,7 millóns de euros, o que supón un aumento de case o 8 por cento a respeito dos nove priemeiros meses de 2014. No que atinxe a Endesa, o beneficio neto foi de 1.206 millóns de euros. Un resulado no que non se inclúe o xerado polo negocio en Latinoamérica, vendido a Enel en outubro do ano pasado. As ganacias netas de Gas Natural-Fenosa estiveron en 1.094 millóns de euros, unha baixa do 11% en comparación cos 9 meses a análise de 2014. Baixada na que hai que ter en conta o desinvestimento en xuño de 2014 do seu negocio de telecomunicacións e das súas sociedades participadas.

A peche de setembro, os ingresos destas tres grandes eléctricas elevouse a máis de 59.000 millóns de euros, un 5,7% máis.

Debate

Os resultados coñécense cando no Parlamento estase cos trámites para debater a ILP a prol dunha tarifa eléctrica impulsada pola CIG e que reuniu 18.000 sinaturas en apenas catro meses. Unha iniciativa lexislativa popular, explicou o sindicato nacionalista,  xorde fronte a un “contrasentido”, o de que Galiza exporte o 40% da enerxía que produce, non aproveitando esa materia para favorecer a competitividade do seu tecido económico nin para pola ao servizo da sociedade, “como para combater a pobreza enerxética, por exemplo”,. Galiza paga “custos sociais e ambientais” por producir enerxía mais non tira beneficios da mesma. De aí esta ILP, con propostas concretas, como o da redución da tarifa, o recorte nun 30% das peaxes, entre outras.

Comentarios