Gonzacar volve á actividade co selo que o certifica como concesionario protexido fronte ao coronavirus

Ademais das medidas de protección e hixiene nas instalacións, establece o procedemento de cita previa e habilita un concesionario virtual que permite acceder a todos os servizos.

gonzacar selo de garantía contra o covid-19
photo_camera gonzacar selo de garantía contra o covid-19

Gonzacar, que representa a rede de concesionarios Ford na provincia da Coruña, retoma a actividade e faino coa garantía de ter o selo que certifica que todas as súas instalacións están protexidas fronte á ameaza do coronavirus.

A certificación está validada e auditada por TÜV SÜD, empresa provedora de ensaios, certificacións, inspeccións, formación e consultoría con máis de 50 anos de historia, e promovida por Faconauto, patronal dos concesionarios de vehículos no Estado español.

O selo, indica Gonzacar, “supón un plus de seguridade e saúde tanto para os seus clientes e clientas como para os seus empregados e empregadas”.

Gonzacar, empresa fundada en Santiago de Compostela no ano 1993 con central na propia capital galega, e que conta con instalacións na Coruña, Ferrol e Ribeira, adhírese ao protocolo de proteccion e prevención fronte ao coronavirus establecido para as instalacións de venda e servizos técnicos de vehículos para todo o Estado.

No reinicio da actividade, e para alén das correspondentes medidas de protección e hixiene implementadas nas instalacións, Gonzacar formaliza a cita previa como “premisa indispensábel” para formalizar a atención dos clientes.

Ademais, e como novidade no retorno á normalidade, activa un concesionario virtual que permite acceder a todos os seus servizos con comodidade, rapidez e seguridade.

Comentarios