O goberno recortará 33.000 millóns de euros en pensións até o 2022

A memoria económica do anteproxecto que o executivo de Rajoy está a preparar vai establecer un novo mecanismo de actualización, non dependente do IPC, que recortará o poder adquisitivo d@s pensionistas.

Tamén nas pensións, malia que o executivo de Mariano Rajoy gastou saliva en negalo. A famosa ‘liña vermella’ que todos os gobernos españois se comprometen a non sobrepasar, as pensións, tamén está na axenda de recortes.
 
Segundo informa a cadea Ser, o goberno español posúe unha memoria económica do anteproyecto para as pensións. Nela, prevese que o axuste nas pensións suporá que nos vindeiros nove anos, antre 2014 e 2022, uns 33.000 millóns de euros serán “aforrados”. 

O novo método de cálculo para actualizar as pensións suporá meter a tesoira ás mesmas 

Unha medida con impacto directo no poder adquisitivo d@s pensionistas, pois son cartos que terían que perceber nos vindeiros anos e non van a facelo. O executivo central conta con, a partir de 2014, actualizar as pensións cun novo mecanismo que non esté tan ligado o IPC (Índice de Prezos o Consumo). Que se elabore en función dunhas variábeis e criterios de ‘saúde’ do sistema que, segundo o bosquexo feito polo executivo, suporán meter a tesoira.
 
Opción ideolóxica
 

Desde o inicio da crise houbo unha intensificación do discurso de que o sistema público de pensións é ‘insostíbel’, incidindo en argumentos como o aumento da esperanza de vida. Mais, como lembraba para o Sermos Galiza nun A Fondo sobre as pensións, o catedrático de Economía Política Juan Torres, “o que en realidade pon en perigo as pensións públicas non é que vivamos máis anos, senón as políticas de austeridade que crean paro”.
Galiza é un dos territorios do Estado coas pensións máis baixas: por volta de 720 euros mensuais.

Comentarios